O clima do Parque Natural está condicionado polas extremas condicións de altitude, forte insolación e variación térmica. Pódese definir coma un clima continental subalpino, moi diferente ao das zonas baixas e medias da illa.
A escaseza de precipitacións da lugar a unha sequía moi acentuada. A estas extremas condicións, hai que sumar fortes e racheados ventos. O parque mantense nevado durante varios meses ao ano.
Nos días máis calorosos alcánzanse os 34ºC de temperatura que, pola noite, durante o inverno, poden descender bruscamente até os 16ºC baixo cero. Ademais, existen grandes oscilacións térmicas diarias, que poden chegar a 12ºC. O número de días de xeada pode chegar a 100. As temperaturas mensuais medias varían entre 4,6ºC (xaneiro) ata 18,3ºC (agosto), sendo a media anual de 10,9ºC