Unha das teorías sobre a orixe da depresión da caldeira de As Cañadas, na que xurdiron os volcáns do Teide (3.718 metros) e Pico Viejo (3.135 metros) na illa de Tenerife, fálanos dun deslizamento xeolóxico dende o norte da illa de Tenerife ata o mar que provocou unha gran depresión que se foi recheando de materiais ata formar o que hoxe é o pico máis alto de España. A zona está agora rodeada por paredes verticais-agás a parte superior- que serían a cicatriz provocada por aquel gran deslizamento. Este produciuse fai 180.000 años. O novo volcán das Illas Canarias empezouse a formar fai 120.000 anos. O groso do recheo do val do Icod, que sirve de base ao estratovolcán, produciuse nun periodo de 40.000 anos.
As súas rochas milenarias proceden dos magmas, orixinalmente basálticos, que evolucionaron hacia outro tipo de materiais. Por exemplo, na Montaña Blanca atópase Pedra Pómez dunha erupción que ocorreu fai 2.000 anos.