No parque nacional atópase o volcán do Teide, que cos seus 3.715 metros é o pico máis alto de Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É, ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo dende a súa base no leito oceánico, despois do Mauna Kea e o Mauna Loa, ambos en Hawai.
Xunto a el atópase a segunda montaña máis alta de Canarias, o Pico viejo, con 3.135 metros sobre o nivel do mar.
Este parque está formado por dúas grandes depresións coroada polo Teide. Numerosas coladas de diferentes erupcións xunto ás montañas e volcáns repartidos por todo o parque forman unha paisaxe característica. O alto de Guajara, o Llano Ucanca, as Sete Cañadas, A Fortaleza, os Roques de García e Pico Viejo son exemplos moi característicos que forman a paisaxe natural do parque.