Invertebrados

Debido ás cambiantes condicións ambientais do parque (grandes oscilacións de temperaturas, irregularidade nas precipitacións, altos graos de aridez e de insolación durante gran parte do ano e ventos fortes), o ciclo vital da maior parte dos invertebrados é marcadamente estacional. É durante a primavera e inicios do verán cando se produce unha eclosión nas súas poboacións.Segundo estudos recentes, a fauna invertebrada do parque componse de máis dun milleiro de especies das que un 45% son endémicas de Canarias, delas un 9,2 % son exclusivas de Tenerife e un 6,8 % do parque nacional.
Destacan: Insectos, arañas, escaravellos, bolboretas, avespas, abellas da mel (estas tres últimas aparecen na floración da primavera)

© 2019 Adrián Fariña Boullosa, Nº 9, 2º ESO, A.
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar