Tenerife, Illa Marciana

As particulares características do Parque Nacional do Teide ( unha paisaxe desértica, zonas de escasa vexetación, chairas, áreas montañosas e rochosas, afundimentos similares a cráteres e un clima que garantiza moitas horas de sol e pouca chuvia) convérteno nun lugar moi adecuado para simular as condicións que se darían en inhóspitos destinos como Marte ou a Lúa.

Esta illa é un gran laboratorio marciano, xa que Tenerife é volcánico como Marte.

Equipos de científicos (NASA, Axencia Espacial Europea) analizan nas saias do Teide aparellos que se enviarán a Marte en próximas misións.

As Cañadas do Teide convértense nun campo de probas de prototipos deseñados para a exploración doutros planetas.


© 2019 Adrián Fariña Boullosa, Nº 9, 2º ESO, A.
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar